O Baixo Miño alza a súa voz por unha sanidade de calidade
O Concello do Rosal e moitos veciños e veciñas estiveron onte en A Guarda para reclamar unha mellora urxente da atención sanitaria
De esq. á der.: Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Enrique Cabaleiro, alcalde Tui; e Sandra González, alcaldesa de Tomiño, na manifestación de onte na vila de A Guarda, en defensa da Sanidade PúblicaA veciñanza do Baixo Miño secundou masivamente á convocatoria das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de A Guarda, Oia, O Rosal Tomiño e TuiFotos: C.O. R.
Infogauda / O Rosal
Onte, na Guarda, O Baixo Miño alzou a súa voz por unha sanidade de calidade, xa fartos da precariedade da atención primaria na comarca. Centos de persoas reclamaron á Xunta nunha marcha protesta máis recursos, máis profesionais e mellores condicións laborais.
O Concello do Rosal, encabezado pola alcaldesa, Ánxela Fernández, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal e moitos veciños e veciñas estiveron presentes para mostrar o seu gran rexeitamento a situación actual que se vive no municipio. Onte o centro de saúde rosaleiro quedou sen ningún médico para consulta nin para urxencias deixando aos máis de 6.000 habitantes do Rosal sen o servizo mínimo recollido por lei, un episodio máis de precariedade que se suma a eliminación do servizo de pediatría, ao peche da consulta de San Miguel, xunto a unha atención baseada, ata hai pouco, en primar consultas telefónicas sobre as presenciais e con restricións de acceso ao Centro de Saúde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario