Parque eólico MERENDÓN (Oia e O Rosal)
Guía de presentación de alegacións ó parque eólico MERENDÓN
IEM
Precisamos da túa axuda para mostrar o rexeitamento social contra o parque eólico MERENDÓN na Serra da Groba
Como cubrir a alegación:
1º Descarga o documento de alegación dende esta ligazón (en formato pdf ou doc).
2º Cubre os teus datos e asina polo reverso incluíndo a data.
Como enviar a alegación:
Existen varias formas de facelo:
1. Dixitalmente a través da Sede Electrónica(sempre que teñas certificado dixital ou chave 365)
- Entra en https://sede.xunta.gal pincha en “A miña sede” para identificarte.
- Entra en “trámites” escolle “solicitude xenérica” e segue o procedemento.
Asegúrate de enviala á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
2. A través da oficina de Correos ben por correo administrativo ou por correo certificado.
Envíaa a este enderezo:
DX de Planificación Enerxética e Recursos Naturais. Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
San Caetano s/n, 15781, Santiago de Compostela
3. A través dos portelos únicos dos concellos ou rexistros da administración autonómica.
– Pode suceder que nalgún caso pretendan limitar a 10 o número de follas de alegacións que cada persoa pode presentar diariamente.
– Podería suceder tamén, é pouco frecuente pero real, que nun exceso de celo na aplicación da norma o funcionario/-a do rexistro solicite o DNI da persoa asinante e mesmo autorización expresa a favor da persoa que fisicamente fai a entrega.
Tes varias opcións:
4. Podémoscha entregar nós.
– Se tes moitas alegacións e queres aforrarte o franqueo en Correos, méteas nun sobre e fainolas chegar a:
Instituto de Estudos Miñoráns
Apartado de Correos 30
36380, Gondomar
– Podes entregalas en man nos seguintes locais:
- Instituto de Estudos Miñoráns (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) (Se está pechado, méteas por debaixo da porta)
- Copistería Duplicolor (A Ramallosa, Nigrán)
- Ciberzulo (Rúa Cantábrico, Nigrán)
- Farmacia Vives Hermida (Praia América, Nigrán)
- Herbolario “Madre Tierra” en Gondomar
- “Asante Sana” en Nigrán
- “Horta Fresca. Tenda Ecolóxica” na Ramallosa
- Automar Baiona (Av. Monterreal, 7, Baiona)
- As Pozas (A Guarda)
- Centro Goianés
- Tenda de complementos Arietnas
- Mercado do Rosal
- Perruqueria Ignacio (Manolo)
- Arietnas (A Guarda)
- C.S. Fuscalho (A Guarda)
- Lacena (A Guarda)
- Agromiño (O Rosal)
- As Pozas (A Guarda)
- Centro Cultural de Oia
- Ferretería A Roda (Tomiño)
- Perruquería Ignacio ( O Rosal)
- Mercería Cómplices (O Rosal)
- Bar Puente (Loureza)
- Bar Rocha (Burgueira)
- Bar Salinas (Torroña)
Ningún comentario:
Publicar un comentario