3 de dec. de 2021

DEPORTES

 FÚTBOL

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO CASELAS C. F.

O domingo día 5 de decembro, ás 4:30 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A fin de disputar a 12ª xornada  da  Preferente Galicia 1ª Fase, Grupo 2º Sur - Subgrupo B; o fútbol voltará novamente este domingo día 5 de decembro, ás 4:30 da tarde, ao Estadio Municipal A Sangriña.  

 Nesta ocasión o Sporting Guardés (situado no 9º posto da táboa clasificatoria), con 12 puntos no seu haber, recibirá ao Caselas C.F. (ubicado no 4º posto da clasificación), que conta con 17 puntos. 

 Será, con toda probabilidade, un encontro de máxima rivalidade comarcal, onde os seareiros miñotos de un e outro equipo, arrouparán aos xogadores. 

 Dese xeito, o partido vai supoñer moito para cada conxunto. Para o visitante, o obxectivo será gañar e así poder manterse nos postos tranquilos da táboa clasificatoria, e para o equipo local, a aspiración é reter os tres puntos en xogo e así tentar escalar algunha posición deica unha zoa máis tranquila.

 En definitiva, tanto o Sporting Guardés como o Caselas C.F., darano o todo polo todo para tentar acadar a desexada victoria. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario