SEMEANDO FUTURO
ALUMNADO DE DOUS CENTROS EDUCATIVOS REALIZARON LABORES DE LIMPEZA NO MONTE
50 alumnos e alumnas de ESO do colexio da Sangriña, e 70 do San José - Carmelitas, xunto co respectivo profesorado, acompañados por persoal da Comunidade de Montes, dedicaron unha parte da xornada de mañá a arrancar brotes de acacia
Xosé Manuel Malleiro Gutierrez* / Camposancos
A colaboración entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos e os colexios da vila da Guarda dá como resultado unha acción educativa e solidaria.
A actividade na que se implicou a alumnado de secundaria dos colexios A Sangriña e San José - Carmelitas, consistiu na realización de labores de limpeza de brotes de acacias na zona de Chans, do monte de Santa Trega.
O pasado día 17 de decembro, 50 alumnos e alumnas de ESO do colexio da Sangriña, e 70 do San José - Carmelitas, xunto co respectivo profesorado, acompañados por persoal da Comunidade de Montes, dedicaron unha parte da xornada de mañá a arrancar brotes de acacia, unha especie arbórea invasora e de difícil erradicación, que se atopa amplamente extendida nos terrenos propiedade da Comunidade. Durante a traballo, membros da Comunidade ofertaronlle pezas de froita e auga entre os e as participantes.
A Comunidade de Montes de Camposancos agradece a colaboración do alumnado de ambos colexios así como a boa disposición do seu profesorado para levar a cabo esta tarefa, que conleva ademáis un interese aducativo polo seu valor comunitario e de concienciación ambiental.
* Secretario da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos
Ningún comentario:
Publicar un comentario