20 de dec. de 2021

A GUARDA

OS DA FOZ: OBXECTIVO CUMPRIDO  

· Lograron reunir máis de 500 quilos en comida para mascotas, que será doada á Asociación Protectora de Animais Bai. senpulgas     




Infogauda / A Guarda

 Obxectivo logrado. A asociación Os da Foz, realizou o pasado sábado día 17 de decembro, unha actividade de airsoft (xogo e deporte de estratexia baseado na simulación militar), na cal os participantes aportaron alimentos para mascotas. Dese xeito, as 40 persoas que interviñeron, achegaron "máis de 500 quilos en comida para mascotas que será doada á Asociación Protectora de Animais Bai. senpulgas".    

 "Familiares e amigos externos á asociación, tamén quixeron colaborar connosco aportando os seus quiliños de alimentos para as mascotas. A cada persoa asignóuselle un número no que poden comprobar os quilos doados. 

 Pedimos desculpas por se nos equivocamos nalgunha cantidade", dixo a este xornal dixital transfronteirizo Mª Isabel Guisande Vila, compoñente de Os da Foz. 

N° de participante - Quilos de comida 

1 - 3; 2 - 20; 3 - 4; 4 - 4; 5 - 8 + 2 latas; 6 - 1; 7 - 8; 8 - 36; 9 - 8; 10 - 4 + 4 latas;  11 - 4; 12 - 18; 13 - 1'5 + 2 latas+ embutido + 1 quilo de arroz; 14 - 18;  15 - 1'5 + 2 latas;  16 - 5; 17 - 14; 18 - 4; 19 - 20; 20 - 4;  21 - 4; 22 - 2; 23 - 20; 24 - 2; 25 - 2; 26 - 10; 27 - 4; 28 - 4; 29 - 2 + 1 arroz; 30 - 4; 31 - 4; 32 - 18; 33 - 20; 34 - 18; 35 - 20; 36 - 8; 37 - 4;  38 - 4 + 3 latas;  39 - 9; 40 - 4.

Ningún comentario:

Publicar un comentario