Os Trasnos de Nadal, maxia e música na programación desta semana na vila de A Guarda
• Os Trasnos de Nadal sairán do 22 ao 24 de decembro polas rúas guardesas.
• Gadalka brindará un espectáculo de maxia o xoves na Praza de Avelino Vicente.
Infogauda / A Guarda
A programación do Nadal 2021 continúa esta semana na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con espectáculos de maxia, eventos musicais e os Trasnos de Nadal.
Este martes 21 de decembro estaba prevista a celebración do Concerto de Nadal de Vento e Coro dos alumnos e alumnas do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, evento que vaise anular debido ao protocolo COViD-19.
Seguindo coa programación de Nadal esta semana chegan á Guarda os Trasnos de Nadal, que farán diversos percorridos polas rúas da vila os días 22, 23 e 24 de decembro. O horario será de 17:00 a 20:00h o 22 e 23 de decembro e de 11:30 a 14:30h o 24 de decembro.
Os Trasnos de Nadal visitarán a Alameda, Praza de Avelino Vicente, rúa Concepción Arenal, rúa Joaquín Alonso (Praza Nova), rúa Vicente Sobrino e rúa Galicia.
O mércores día 22 de decembro ás 18:00h a Casa dos Alonso acollerá o obradoiro de Canto Moderno “Canta con Voz propia”, un evento aberto a todos os públicos a cargo de Maga Voz, Cooperativa Galega. A entrada é libre ata completar aforo, non é preciso realizar inscrición previa.
Na xornada do xoves día 23 de decembro a Praza de Avelino Vicente acollerá de 16:00 a 19:00h o espectáculo de maxia individualizada por familias Gadalka, a cargo do mago Dani.
Gadalka é unha incrible cabina como as dos videntes e autómatas das feiras clásicas onde atoparás unha máxica sorpresa. Maxia de preto no primeiro espectáculo de rúa 100% libre de covid. En Gadalka, Dani García crea un espazo único no que poder ver un asombroso número de maxia realizado por un fascinante personaxe.
Achégate e descubre Gadalka!
AXENDA DE NADAL
DO 22 AO 24 DE DECEMBRO
TRASNOS DE NADAL polas rúas da Guarda
Horario: 22 e 23 de 17:00 a 20:00h
24, de 11:30 A 14:30h
MÉRCORES 22 DE DECEMBRO
18:00h Casa dos Alonso
Obradoiro de Canto Moderno
Canta con voz Propia
Para tódolos públicos(entrada libre)
XOVES 23 DE DECEMBRO
De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente
“GADALKA” a cargo do Mago Dani
Espectáculo de maxia individualizada por
familias
MARTES 28 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
“Little neno descobre a… Os Beatles”, de A
Reixa Produccións
Reserva de entradas en eventbrite.es
MÉRCORES 29 DE DECEMBRO
20:30h Centro Cultural
“Ventos de Nadal”, grupos seccionais da
Agrupación Musical da Guarda
XOVES 30 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
Reserva de entradas en eventbrite.es
VENRES 31
13:00h Pasacalles polo centro da vila
O Apalpador chega á Guarda
Organiza: Deputación de Pontevedra
DO 3 AO 5 DE XANEIRO
CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
Horario: 3 e 4 de 17:00 a 20:00h.
5, de 11:30 A 14:30h.
MARTES 4 DE XANEIRO
17:30h Alameda
CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
Espectáculo de rúa con animais xigantes
MÉRCORES 5 DE XANEIRO
12:00h Pavillón Municipal da Sangriña
Partido Benéfico de Balonmán entre o Atlético Guardés e BM Porriño
Recollida solidaria de alimentos non
perecedoiros
Visita dos Reis Magos con paseo polas
principais rúas da localidade.
Enlace para inscrición de eventos en
eventbrite.es:
Ningún comentario:
Publicar un comentario