10 de dec. de 2021

A GUARDA

O MONTE SANTA TREGA CONTARÁ CUN SELO POSTAL

· Estará incluido na programación de emisións de selos de correos e demais signos de franqueo para o ano 2022


De esq. á der.: Marta Verde Rodríguez, secretaria da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG); Antonio Lomba Baz, alcalde do Concello de A Guarda; e  Enrique Pérez Martínez, presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI)

Foto: María Elisa Abad Suárez

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 "(…) Nuestra Sociedad lleva 57 años divulgando la cultura del pueblo de A Guarda a través de los matasellos conmemorativos y, desde el 2007 con sellos personalizados. Tanto unos como otros, pueden circular a cualquier parte del mundo y así enseñar,  por cuantas manos pase, la riqueza que poseemos en esta esquina del mundo (…)". Con esas verbas, pronunciadas por Marta Verde Rodríguez, no acto de homenaxe póstuma ao ensaísta, escritor, etnógrafo, fotógrafo, poeta e xornalista, Eliseo Alonso Rodríguez, que tivo lugar na nosa vila, o pasado día 27 de novembro deste 2021; a secretaria da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.), fixo un preámbulo no cal quixo compartir con todas ás persoas presentes no salón de plenos do Concello de A Guarda, unha formidable nova recibida o día 26 de novembro e que, como afirmou, "(...) durante 56 años lleva persiguiendo nuestra Sociedad (...)".  

 

Fragmento da carta recibida na cal comunican a aprobación da emisión dun selo de correos dedicado ao Monte Santa Trega


 Na súa intervención Marta Verde afirmou: "(...) Esta tenacidad en conseguir un sello dedicado a nuestro querido Monte Santa Tecla viene desde la fundación de la Sociedad. El "Grupo Filatélico Guardés" era una sección de la Sociedad Pro-Monte Santa Tecla y el cual seguía las mismas inquietudes; fomentar la cultura de nuestro pueblo y del Monte Santa Tecla. Por eso, en el acta del 4 de abril de 1965 aparece reflejado que solicitaron a la Comisión 4ª del Consejo Postal un sello dedicado a algún motivo del Bajo Miño o de su famoso Santa Tecla. No tuvieron fortuna. 

 38 años después, en 2003, una nueva Junta Directiva, ya como Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa lo vuelve a intentar. El directivo Antón Ferreira, elabora un completo y fabuloso dossier donde incluye un boceto del que podría ser el sello. Pero tampoco hubo suerte. 

 Esta recién estrenada Junta Directiva, volvió a insistir en que A Guarda tuviera su ya merecido sello y, de las 230 solicitudes que lo habían solicitado este año, por fin lo consiguió. Este logro no es solo de esta Junta Directiva sino, de todas las anteriores que quisieron que el nombre de A Guarda recorra el Mundo entero. Agradecer siempre a los fundadores, gracias a ellos podemos continuar con el espíritu filatélico que trasmitieron al resto; y al presidente de FESOFI por el apoyo para poder conseguirlo (...)".

 Dese xeito, grazas o labor da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, ao apoio da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FESOFI), e a determinación de todas ás persoas que así o decidiron; o Monte Santa Trega, á icona máis sobranceira do noso patrimonio arqueolóxico, cultural, paisaxístico, turístico,..., vai contar sun selo postal. Ese fito, que pola súa importancia e repercusión, podemos cualificar de grado superlativo, estará incluido na programación de emisións de selos de correos e demais signos de franqueo para o ano 2022, segundo o acordo adoitado pola Comisión Filatélica del Estado. 

 A Comisión Filatélica del Estado é un órgano consultivo dos Ministerios de Hacienda e de Administraciones Públicas, con funcións de consulta, asesoramento e proposta en materia de emisión de selos de correo e demais signos de franqueo.  

 Na Comisión Filatélica del Estado figuran representantes da Administración Xeral do Estado e doutras institucións estatais, das asociacións filatélicas máis representativas e dos coleccionistas filatélicos. Tamén poderá formar parte da Comisión un vogal designado entre personalidades de recoñecido prestixio no ámbito postal.

 De acordo cos datos, recollidos por este xornal dixital transfronteirizo, a día de hoxe, os membros da Comisión Filatélica del Estado, son ás seguintes persoas:

Presidenta 

Dª. Angélica Martínez Ortega

Presidenta Adxunta 

Dª. Marta de Andrés Novo  

Vicepresidente 

D. Rafael Crespo Arce.

Vogais 

En representación do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana 

Dª. Amparo Díaz Muñoz.

En representación do Ministerio de Hacienda 

Dª. María Esther Alonso González.

En representación do Ministerio de Cultura y Deporte 

Dª. Carmen Jiménez Sanz.

En representación do operador designado para a prestación do servizo postal universal 

D. Modesto Fraguas Herrera.

En representación da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre–Real Casa de la Moneda 

Dª. Lidia Sánchez Milán.

En representación da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) 

D. Miguel Ángel García Fernández.

En representación da Asociación Nacional de Empresarios de Filatelia (ANFIL) 

Don Francisco  Montaner  Amorós.

En representación dos coleccionistas 

Don Fernando  Aranáz del Río.

Secretaria da Comisión 

Dª Mª Nieves García Yugueros.

 Desde Infogauda dámoslles os parabéns a xunta directiva e membros da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa por haber logrado o obxectivo que se habían proposto. 

 Que o Monte Santa Trega, no termo municipal de A Guarda, vaia a contar cun selo postal, será, sen ningún tipo de dúbidas, todo un acontecemento que contribuirá moi positivamente na promoción cultural e turística do noso pobo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario