O concello de A Guarda saca a licitación dúas novas obras
A mellora na piscina municipal e no entorno da igrexa parroquial
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de sacar a licitación as obras para a revisión e actualización das instalacións da piscina municipal de A Guarda, que contan cun prazo de execución de 2 meses e que teñen un orzamento de 84.638,52€ IVE incluído.
Por outra banda, o Concello de A Guarda tamén vén de sacar a licitación o subministro de mobiliario para a humanización do entorno da igrexa de Santa María de A Guarda, que cun prazo de 1 mes, contan cun orzamento total de 54.883,88€ IVE incluído.
O prazo de presentación de ofertas para estas dúas licitacións por parte das empresas interesadas está aberto ata o vindeiro día 30 de decembro e os pregos de contratación están a disposición no perfil do contratante do Concello de A Guarda e na Plataforma de Contratación do Sector Público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario