4 de dec. de 2021

A GUARDA

 BILLAR POOL

TORNEO DE NADAL POOL CHAOS

MEMORIAL DAVID MARTÍNEZ

O día 18 de decembro de 2021, no Pool Chaos


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Salón Pool Chaos (rúa Transversal Bouzó, 16 - baixo esquerda), de A Guarda, acollerá o Torneo de Nadal Pool Chaos - Memorial David Martínez, de billar. Será o sábado día 18 de decembro de 2021, ás 15:30 horas, momento no que terá lugar o sorteo.

 Xogarase un cuadrante de Doble KO de 16 xogadores con enfrontamentos ao mellor de 9 partidas. Haberá unha partida de handicap en caso de diferenza de categoría entre xogadores.

  O importe da inscrición é de 10 euros.

 Os premios serán os seguintes:

1º.- Cesta de Nadal + Trofeo.

2º.- Cesta de Nadal + Trofeo.

3º.- Lote de Nadal + Trofeo.

4º.- Lote de Nadal.

 A organización obsequiará aos demáis xogadores cun detalle relacionado co xogo do billar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario