CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
Martes día 7 de decembro, ás 11:00 horas, na praza do Seixo
Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño
A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño convoca a unha concentración o vindeiro martes día 7 de decembro ás 11h. na praza do Seixo. Ante a falta de médicas/os enfermeiras/os, matrona, largas listas de espera para consulta, etc. etc. así como unha resposta clara para a reapertura do Consultorio de Goián XA. Polo tanto e ante todas estas circunstancias vémonos na obriga de volver sair a rúa, pois isto vai camiño dun desmantelamento da nosa Atención Primaria.
Veciñas e veciños de Tomiño, xóvenes e maiores, isto é cousa de todxs, para que nos escoiten concéntrate con NÓS!!!
Por unha sanidade digna e de calidade para tódolos Veciñxs !!! ACUDIDE, NON PODEMOS CALAR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario