Feijóo enxalza ao arquitecto Antonio Palacios na exposición que amosa os seus “soños de modernidade e compromiso con Galicia”
Avanza que a Xunta está traballando para que a mostra se desprace a Madrid
Fotos: X.G.
Infogauda / Vigo
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou este mediodía ao arquitecto Antonio Palacios na exposición que amosa os seus “soños de modernidade e compromiso con Galicia”, e incidiu que entre eses soños de modernidade estaba Vigo.
Ao longo da súa intervención, Feijóo destacou que este “galego universal” foi o artífice da arquitectura de Galicia de calidade. “Probablemente non o valoramos como se merece”, asegurou, engadindo que Galicia está intentando devolverlle con esta exposición a débeda de gratitude permanente que temos con el.
Nese sentido, e no que se refire ao seu obxectivo de facer un Gran Vigo, o presidente da Xunta puxo como exemplo desa grandeza desexada obras como o Teatro García Barbón ou o edificio Banca Viñas-Aranda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario