30 de dec. de 2021

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA

O martes día 11 de xaneiro de 2022, ás 8:30 horas

Na sesión tratarase sobre a situación actual do proxecto do pavillón da Sangriña




Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, Antonio Lomba Baz, alcalde do Concello de A Guarda, resolveu facer pública á convocatoria da sesión plenaria extraordinaria que fora solicitada polos concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular e polo concelleiro portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega, no concello guardés. 

 A celebración da devandita sesión plenaria está prevista para o martes día 11 de xaneiro de 2022, ás 8:30 horas, na Casa do Concello. 

 Como asunto da convocatoria, na orde do día figura o seguinte: 

PUNTO ÚNICO: ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL DO PROXECTO DO PAVILLÓN DA SANGRIÑA PARA RECTIFICALO OU INICIAR UN NOVO CONSENSUADO COS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS E SECTORES DEPORTIVOS E EDUCATIVOS AFECTADOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario