25 de nov. de 2021

VIGO

Persoal de Otis en folga mobilízase nas instalacións da  compañía en Vigo en defensa dos seus dereitos laborais 

Segundo denuncia a CIG, a empresa está a precarizar as condicións de traballo a  nivel estatal e quere impoñer unha dobre escala salarial


Persoal de Otis en Vigo mobilizouse hoxe diante das instalacións da empresa na cidade
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Persoal de Otis en Vigo mobilizouse hoxe diante das instalacións da empresa na cidade coincidindo  coa folga convocada a nivel estatal contra a intención da compañía de desmantelar o convenio  colectivo vixente na empresa dende 1979 para comezar de cero” cun acordo que empeore as  condicións de traballo. De feito, a dirección xa leva tempo atacando os dereitos do cadro de persoal  aproveitando tanto a pandemia como o feito de que o convenio leva caducado dende decembro de  2019.  

 Neste contexto está a obrigar os técnicos/as a realizar labores comerciais, ao tempo que aumentou o  número de ascensores que ten que atender cada operario/a. “Pero a xente aguanta porque ten medo de rematar na rúa, como lle aconteceu a 17 persoas no verán do ano pasado”, sinalan traballadores/as de  Otis afiliados á CIG. Posteriormente a compañía continuou despedindo persoal sen causas  xustificadas, sumando 10 novas rescisións de contrato. 

 Diante disto, o cadro de persoal optou por convocar varias xornadas de folga a nivel estatal e  mobilizacións como a que hoxe tivo lugar en Vigo, onde o seguimento do paro foi total entre os 30  traballadores/as do taller, mentres que unicamente se presentaron no seu posto os 10 de oficinas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario