O COMITÉ DE VITRASA CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN
Este venres 26 de novembro de 2021, ás 11:00 horas, diante do Concello de Vigo
Infogauda / Vigo
O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, convoca unha concentración coincidindo cunha nova xornada de folga para reclamar melloras laborais e para rematar coa falta de descanso e co exceso de xornada.
Os representantes do cadro de persoal atenderán os medios de comunicación interesados durante a mobilización ás portas do consistorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario