Convocada polo Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG
CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS
Este xoves día 4 de novembro de 2021, ás 18:30 horas, diante do Mercado do Calvario
Infogauda / Vigo
O Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG desenvolverá este xoves día 4 de novembro de 2021, ás 18:30 horas, diante do Mercado do Calvario, unha concentración en defensa do sistema público de pensións, por unhas prestacións dignas e garantidas e para reclamar un Servizo Público Galego de Atención ás Persoas.
O Colectivo rexeita que se manteña a reforma das pensións do 2011 porque supón “unha caída das pensións do 25%, xa que ampliou a idade de xubilación aos 67 anos e aumentou o período de cálculo aos 25 anos”.
Tamén denuncia que esta nova reforma non garante o poder adquisitivo das prestacións xa que as pensións mínimas non chegan ao 60% do salario medio do Estado de acordo a Carta Social Europea, e que sería neste momento de 1150 euros ao mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario