17 de nov. de 2021

VIGO

A CIG-Industria convoca unha mobilización 

Para rexeitar a precariedade e a explotación  laboral que padece o cadro de persoal de Ilunion Servicios Industriales Galicia


A imaxe corresponde a unha mobilización precedente, diante da sede da ONCE, na cidade de Vigo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG-Industria convoca unha mobilización para rexeitar a precariedade e a explotación  laboral que padece o cadro de persoal de Ilunion Servicios Industriales Galicia, centro especial de  emprego do grupo ONCE que presta servizo nas principais compañías da automoción. Os  traballadores/as denuncian os altos ritmos de traballo aos que están sometidos/as e a falta de  formación obrigatoria, algo especialmente grave tendo en conta que se trata de persoas con  capacidades especiais, tanto físicas como psíquicas.  

 Ilunion conta con 620 empregados/as que prestan servizo en compañías do automóbil da comarca  de Vigo como Stellantis, Benteler, Lear e Denso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario