16 de nov. de 2021

REDONDELA

A CIG faise coa presidencia do comité de empresa e da  xunta de persoal do Concello de Redondela 

Dende a central salientan a renovación dos órganos tras meses de  parálise e valoran uns resultados “que avalan o traballo realizado” 


Casa do Concello de Redondela
Foto: CIG

Infogauda / Redondela 

 A CIG fíxose coa presidencia do comité de empresa e da xunta de persoal do Concello de  Redondela no proceso de renovación dos órganos de representación sindical celebrado  recentemente. Dende a central salientan o feito de que esta renovación se producise tras meses de  parálise e valoran un resultado “que avala o traballo realizado”. 

 Tras o proceso, a presidencia do comité de empresa, que representa o persoal laboral, estará  ocupada por Xosé Manuel Riobó, mentres que Marta Pena foi elixida presidenta da xunta de  persoal, que é o órgano de representación do persoal funcionario. Patricia Vilán, tamén da CIG,  exercerá como secretaria. 

 Deste xeito a CIG logra a presidencia dos dous órganos de representación sindical do Concello de  Redondela, grazas a uns resultados “que avalan o traballo realizado durante meses tanto a nivel de  propostas no eido sindical como a nivel de contacto cos traballadores/as municipais”. 

 Así mesmo, dende a sección sindical da CIG no Concello de Redondela adiantan que continuarán  coa súa tarefa sindical de defensa dos dereitos laborais do conxunto do persoal municipal e que  seguirán marcando posición nos conflitos existentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario