16 de nov. de 2021

OIA

O Concello de Oia convoca as axudas da Deputación dirixidas á hostalaría   

A medida busca paliar o impacto da COVID-19

    

Vista da igrexa e mosteiro de Santa María de Oia, desde á praza Centinela

Foto: Santiago Baz Lomba


Infogauda / Oia

 O Concello de Oia convoca, co financiamento da Deputación de Pontevedra, axudas destinadas á hostalaría local, co obxectivo de paliar o impacto da COVID-19. En total repartiranse 8.900,13 euros entre os negocios beneficiarios.  

 Poderán beneficiarse desta medida os autónomos e os representantes das pemes de ata 10 persoas, legalmente constituídas, cuxa actividade estea incluída no sector da hostalaría, e se desenvolva dentro do termo municipal de Oia.  

 As axudas serán de índole económica (8.900,13 euros a repartir) e distribuiranse de xeito igualitario entre todas as solicitudes recibidas. Terase en conta o montante total a repartir e o número de solicitudes recibidas que cumpran os requisitos establecidos pola Deputación. O prazo de solicitude é de 8 días hábiles contados a partir de mañá (ata o 26 de novembro).  

 Esta iniciativa ponse en marcha co financiamento da Deputación de Pontevedra (a través da disposición adicional “Medidas destinadas ó financiamento dos gastos derivados da liña de axudas para os sectores máis afectados pola situación pandémica que xestionen os concellos" do Plan Concellos 2021).  

 Estas axudas da Deputación dirixidas á hostalaría afectada pola COVID-19 véñense a sumar ás xa tramitadas polo Concello hai uns meses co mesmo obxectivo, e que ascenderon a 28.000 euros financiados con recursos propios municipais.  

Solicitude e documentación  

 As bases e anexos sobre a convocatoria están xa publicadas na sede electrónica do Concello (no apartado de taboleiro de anuncios), accesibles na seguinte ligazón: https://oia.sedelectronica.es/info.0   

 Para solicitar estas axudas cómpre presentar a instancia ante o Concello, en modelo normalizado do anexo I da convocatoria, dirixida á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Oia, e achegando a seguinte documentación:  

-Fotocopia do DNI ou documento identificador, válido no territorio nacional, da persoa física solicitante da subvención. 

-NIF da persoa xurídica, e DNI e acreditación dos poderes da persoa administradora e da que presente a solicitude no caso de non ser a mesma. 

-Escritura de constitución da persoa xurídica, inscrita no correspondente Rexistro. 

-Certificado de número de conta bancaria. 

-Certificado de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria (AEAT). 

-Certificado de obrigas tributarias coa ATRIGA. 

-Certificado de obrigas sociais coa Seguridade Social. 

-Informe da seguridade social do número anual medio de traballadores en alta referido ó ano en que vaian a xustificar a axuda 

-Declaración responsable en modelo normalizado (Anexo II). 

-Declaración doutras axudas (Anexo III).

Ningún comentario:

Publicar un comentario