27 BAILARINAS DEL CENTRO DE DANZA BAIXO MIÑO, PARTICIPARON NO VIGO PORTÉ 2021
· Rubén de Sá, profesor do Centro de Danza Baixo Miño, conseguíu tres primeiros premios, recibindo ademais o premio Vigo Porté
· Paula Ameal Vicente, conseguíu un 2º premio
Infogauda / A Guarda
Esta pasada fin de semana celebrouse no Auditorio Mar de Vigo o prestixioso Vigo Porté 2021, evento internacional de disciplinas de baile, no cal participaron 27 bailarinas do Centro de Danza Baixo Miño, de A Guarda, e o profesor do centro Rubén de Sá.
O grupo participou con dúas coreografías grupais, ademais de tres sós e dous dúos, demostrando un gran nivel para ser a súa primeira experiencia en competición.
Paula Ameal Vicente que participou cun só na modalidade de Musicais & BSO, conseguíu un 2º premio, mostrando un gran nivel técnico ao ter que competir con bailarinas doutras academias mais experimentadas.
Doutra banda, Rubén de Sá, profesor do Centro de Danza Baixo Miño e tamén doutras academias de gran nome, conseguíu tres primeiros premios, recibindo ademais o premio Vigo Porté.
"Desde a dirección do Centro Deportivo Baixo Miño queremos dar os parabéns a todas as nenas participantes e a Rubén polo gran traballo que mostraron no concurso", dixo á Infogauda, Mónica Pacheco Lomba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario