10 de nov. de 2021

A GUARDA

A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN  CONTRA O DETERIORO DA ATENCIÓN PRIMARIA 

Desde A Guarda sairán autobuses gratuítos e as persoas que queiran reservar praza poden facelo no teléfono 986 610 465 

 


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda

 A  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, xunto co resto das plataformas en defensa da sanidade pública de Galiza, súmase á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública diante do perigo a que está sometida a atención primaria pola falta de persoal e medios.  

 A manifestación sairá ás 12 da mañá desde a Alameda de Santiago de Compostela o próximo domingo 14 de Novembro. Desde A Guarda sairán autobuses gratuítos e as persoas que queiran reservar praza poden facelo no teléfono 986 610 465.  

 O centro de saúde da nosa localidade é un exemplo claro do deterioro da atención primaria. Nas próximas semanas teremos no mellor dos casos 4 de 8 médic@s e como consecuencia continuaremos a ter unha atención sanitaria moi deficitaria que levamos arrastrando desde antes da Pandemia. Esta situación en maior ou menor grao é unha constante en toda Galiza.   

 Necesitamos máis persoal sanitario para facer unha atención presencial en condicións  e iso pasa necesariamente por destinar máis recursos económicos  a atención primaria que é unha parte fundamental da sanidade pública.  

 As políticas de privatización e recortes na sanidade pública   desenvoltas polo PP de Feixoo desde que chegou á Xunta de Galiza leváronnos a situación actual, por iso desde a Plataforma chamamos  a sociedade guardesa a dar unha resposta contundente co resto das plataformas e organizacións que conformamos SOS sanidade pública. A sanidade pública está en perigo e temos a obriga de defendela, vainos a vida niso. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario