1 de decembro, Día Mundial do VIH/SIDA
“Acabar coas desigualdades. Pór fin ao SIDA”
Érguete Baixo Miño / A Guarda
Este ano celébrase o Día Mundial do VIH/SIDA baixo o lema “Acabar coas desigualdades. Pór fin ao SIDA”. Un ano máis continuamos recordando á sociedade para tomar conciencia de como o VIH afecta á vida das persoas, para poñer fin ao estigma e á discriminación, mellorando a calidade de vida das persoas que conviven con ela.
Acabar coas desigualdades esixe un cambio transformador. As medidas políticas, económicas e sociais teñen que protexer os dereitos de todas as persoas, e debemos prestar especial atención ás necesidades das comunidades máis marxinais e menos favorecidas.
Neste Día Mundial do Sida, esiximos medidas para pór fin ás desigualdades e acabar co VIH/SIDA e con todas as demais pandemias, que se avivan e incluso se multiplican con estas desigualdades.
Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 614 417 / 640 086 376.
Ningún comentario:
Publicar un comentario