15 de nov. de 2021

A GUARDA

O concello da Guarda condena os actos de vandalismo acaecidos nos últimos días dentro do conflito laboral na fábrica de IKF  

• Dende o consistorio guardés esperamos que se aclaren os incidentes e se identifiquen aos responsables  


O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, expresa o seu total rexeitamento así como o do seu equipo de goberno aos actos de vandalismo

Foto: C.A.G.

Concello de A Guarda

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, expresa o seu total rexeitamento así como o do seu equipo de goberno aos actos de vandalismo que están acaecendo nos arredores da fábrica de IKF, no mobiliario urbano, así como nas vivendas de veciños da localidade.  

 O  alcalde  tacha estas actuacións de “actos totalmente reprobables e que non teñen cabida  nun estado de dereito, dende o consistorio guardés apoiamos o diálogo e a concordia e desterramos calquera tipo de violencia e actos que son máis  propios de condutas antidemocráticas”.  

 Dende o concello guardés esiximos que estas actuacións cesen de inmediato e trasladamos a todas as partes a preocupación  pola situación que se está xerando e polo futuro do centro de traballo, como temos sinalado en máis dunha ocasión, un dos máis importantes do municipio. 

 Queremos trasladar tamén a nosa solidariedade e todo o noso apoio  as persoas e familias que nestes momentos se están vendo afectadas por estes comportamento antidemocráticos, desexamos que non volvan a repetirse e  agardamos   que se recupere  a normalidade.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario