Acto do BNG de Tui sobre o roubo na factura da luz
BNG / Tui
O BNG de Tui organiza mañá, martes 12 de Outubro ás 20:30h, un acto para explicar con detalle as causas da subida do prezo do recibo da luz. Nese mesmo acto, exporanse as alternativas que presenta o BNG contra esta estafa das eléctricas.
O acto terá lugar Hotel Colón e contará coa presenza da deputada no Parlamento Galego e responsable de política enerxética, Noa Presas. Tamén intervirán os concelleiros do BNG de Tui: Xose Martínez “Tato” e a portavoz municipal, Carme Núñez.
Convidamos á cidadanía tudense a participar e a formular as dúbidas que se presenten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario