5 de out. de 2021

TOMIÑO

BALANCE E AGRADECEMENTOS DA PLATAFORMA VECIÑAL EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO


Concentración diante do Concello de Tomiño convocada pola Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública  de Tomiño

Concentración veciñal e recollida de sinaturas en Santa María de Tebra


Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública  de Tomiño

 Despois de dous intensos meses de traballo e da nosa fundación como Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública  de Tomiño, o pasado luns 27 de setembro presentouse por rexistro na Xunta de Galicia, e concretamente na Consellería de Sanidade, mais de tres mil  firmas da cidadanía de Tomiño  para apoiar e solicitar  ao  Sergas unha sanidade pública e de calidade  para os tomiñeses.


Membros da Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública  de Tomiño na data da presentación das sinaturas 
 

 As  reinvindicacións que solicitamos son:  

Cita presencial de mañá e tarde; mais médicos e enfermeiros; apoio os administrativos; sustitucións das  baixas e vacacións; servicio de Urxencias e ambulancia medicalizada; e a reapertura inmediata do centro periférico de Goián, (danos igual a súa ubicación sendo en Goián).    

            

                               Membros da Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública  de Tomiño nunha recente mobilización 


 

 Neste período de loita pola sanidade pública, achegámonos ata distintas parroquias de Tomiño para presentarnos e recoller firmas. Tamén participamos en diferentes actos das outras plataformas dando o noso apoio coa nosa presenza. Estivemos en Vigo tamén na rolda de prensa que convocou  a Xunta de persoal da Área de Vigo  para organizar e anunciar a convocatoria de manifestación que se celebrou o pasado día 30, a cal tamen participamos. Así mesmo iremos a  Compostela o 14 de novembro a gran manifestación a nivel de toda Galicia convocada por S.O.S Sanidade.  

 Iremos informando  das distintas   actuacións  que se levarán a cabo nas vindeiras semanas de outubro. 

 Para rematar este pequeno comunicado, primeiro decir que queremos mostrar todo noso apoio os traballadores e traballadoras da Sanidade Pública Galega. Esixir a Xunta de Galicia é especialmente a Consellería de Sanidade que non xogue coa saúde dos galegos e que tome as decisións en beneficio de todas e todos.  Agardamos con moitas ganas que o Sr. Conselleiro de Sanidade nos reciba despois de unhas semanas atrás que solicitamos unha reunión con el, para mostrarlle de primeira mán as inquedanzas e necesidades da cidadanía de Tomiño.   

 Agradecer a todas as empresas, veciños e veciñas, asociacións, particulares etc., etc., o enorme apoio que nos están dando, queremos facelo especialmente as farmacias, a Asociación de Veciños, comercios, bares, parafarmacia, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común,  empresas de publicidade,  serigrafía, e por último a Mancomunidade.      

MOITAS GRAZAS A CIDADANÍA  POLO APOIO.   

 Estade atentos, iremos informando das distintas accións que levaremos adiante.   

TOMIÑESES TEMOS QUE SEGUIR LOITANDO. A  SANIDADE PÚBLICA É COUSA DE TODXS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario