18 de out. de 2021

A GUARDA

A CENTRAL SINDICAL INDEPENDIENTE Y DE FUNCIONARIOS (CSIF) CONVOCA A TODO O PERSOAL DO CONCELLO DE A GUARDA

A unha xuntanza que terá lugar o día 21 de outubro, ás 14:00 horas, no salón de plenos do Concello



Infogauda / A Guarda

 A Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) - Unión provincial de Pontevedra, representada por Jerónimo Fernández Vicente, convoca a todo o persoal do Concello de A Guarda, a asistir a unha xuntanza informativa que terá lugar o vindeiro día 21 deste mes de outubro, ás 14:00 horas, no salón de plenos do concello. Na mesma trataranse os seguintes asuntos:

- Proposta de convenio colectivo.

- Consolidación emprego.

 O devandito representante da CSIF conta coa correspondente autorización por escrito, asinada pola concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, para o uso do salón de plenos entre ás 14:00 e ás 16:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario