ÉXITO DO EVENTO DE PERRUQUEIROS SOLIDARIOS
Que realizaron este domingo na Alameda da vila, en favor da Asociación San Vicente de Paúl, de A Guarda
Reportaxe fotográfica Pepi Martínez
Infogauda / A Guarda
Como xa habíamos informado oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo este domingo día 10 de outubro de 2021, desde ás 11:00 ata ás 18:00 horas, tivo lugar na Alameda da vila un evento solidario en favor da Asociación San Vicente de Paúl, de A Guarda.
Atendendo as preguntas da Redacción de Infogauda, Josefina Martínez (Pepi), unha das perruqueiras que participou na organización da xornada, fíxonos o seguinte balance:
"Foi todo un éxito. Participaron 20 perruqueiros/as de A Coruña, Ourense, O Porriño, Tomiño, Baiona, Sabaris, Vigo,...
E tamén amigos/as e mozos/as que uníronse para axudar aos perruqueiros/as no que precisasen.
Soio paramos 1/2 hora para comer!
Recadáronse, se non me equivoco, 1.480 euros.
As voluntarias da Asociación de San Vicente Paíl de A Guarda, e as/os perruqueiras/os de A Guarda, quedaron moi contentos/as e con ganas doutra experiencia.
Algún dos profesionais de perruquería nunca había asistido a un evento deste tipo, solidario e sin ánimo de lucro.
Acompañáronnos o alcalde Antonio Lomba e a tenente alcalde Mª Montserrat Magallanes. Nos regalaron as camisetas co lema: A Guarda Solidaria.
Moitas grazas pola axuda!
Todos/as os/as perruqueiros/as marcharon felices e contentos/as".
A verdade é que resulta reconfortante que cando xurde unha convocatoria como esa haiba profesionais que saben renunciar a un domingo de lecer e adicalo a axudar aos demais. Neste caso, a unha ONG - Asociación San Vicente de Paúl - de A Guarda, cuxos voluntarios veñen facendo un labor continuado no tempo - ao longo de máis de un século -, de axuda as persoas que máis o necesitan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario