9 de out. de 2021

O ROSAL

O Rosal presume das súas pinturas   

Cinco artistas locais comezan hoxe unha exposición nos baixos do Concello que se prolongará ata o vindeiro martes

  

Á alcaldesa do Concello do Rosal cos artistas que expoñen na sala municipal 
Fotos: C.O. R.


Infogauda / O Rosal

 O Rosal presume das súas pinturas coa apertura dunha exposición adicada a cinco artistas locais. Dende hoxe ata o vindeiro martes as persoas interesadas poderán visitar o baixo do Concello para inspirarse e descubrir as novas creacións artísticas dos seus veciños e veciñas. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que esta actividade enmárcase dentro da programación das Festas do Outuno do Pilar e é unha “gran oportunidade para desfrutar da calidade pictórica que hai no noso concello”. 


A alcaldesa do Concello do Rosal, nun momento da súa benvida aos artistas que participan nesta exposición colectiva 
A alcaldesa, artistas e respectable público, momentos despois da inauguración da exposición

 

 A entrada a exposición é de balde e está aberta de mañá, de 11.30 a 13.30 horas, e de tarde, de 16.30 a 21.00 h. As persoas que asistan poderán desfrutar das pinturas de Antonio Baños, pintor sevillano e autodidacta, que despois dunha longa traxectoria pintando polo mundo afíncouse no Rosal; de María del Carmen Velasco, que estudou debuxo na Universidade de Zaragoza e é unha gran namorada da natureza, como reflexa nas súas pinturas; de Antonio Martínez, antigo pintor decorador que ten no carboncillo o seu modo de expresarse en imaxes; de Charo Trigo, pintora dende cativa e experta no óleo sobre lenzo; e de Severino Pérez, artista autodidacta que ten no acrílico o seu material preferido. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario