11 de out. de 2021

A GUARDA

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental

O Concello de A Guarda agradece o traballo da Asociación Avelaíña

 

Co acendido do alumeado de cor verde na fachada do consistorio o Concello de A Guarda súmase á campaña que leva a cabo a Asociación  Avelaíña o longo do mes de outubro

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda súmase á campaña que leva a cabo a Asociación  Avelaíña o longo do mes de outubro, co obxectivo de sensibilizar e informar á poboación sobre a enfermidade mental, co acendido do alumeado de cor verde na fachada do consistorio, ademais da pancarta conmemorativa que dende o pasado luns xa luce nos balcóns do concello. Este acendido estenderase ao longo desta semana. 

 O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental, conmemoración que pretende sensibilizar e informar sobre a importancia do coidado da saúde mental e a defensa dos dereitos das persoas que teñen algún problema desta índole. Este ano, o tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración é a saúde mental nun mundo desigual, chamando a atención sobre aqueles factores que impiden que o coidado da saúde mental poida chegar a todas as persoas en igualdade de condicións.  

 Crónica relacionada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario