Érguete Baixo Miño convoca diferentes obradoiros para o alumnado nos centros educativos para este curso 2021/22
Érguete Baixo Miño / A Guarda
Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar presentando unha breve guía cos Programas de Prevención e de Educación para a Saúde que ofrece gratuitamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia, adaptándonos á actual situación sanitaria.
Estes programas están dirixidos ao alumnado e ás familias que representan o eixe prioritario na educación. De forma lúdica e dinámica abordamos temas sobre as diferentes condutas aditivas, a xestión emocional, a resolución de conflitos, a presión de grupo, a redución de riscos, a autoestima, o ocio saudable entre outros que podemos adaptar ao contexto de cada aula. Tamén sobre pautas de actuación eficaces para pais/nais/titores/as, traballando de forma específica no reforzo dunha vida saudable e que se desenvolverán fóra do centro educativo.
Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dos/as socios/as.
Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 614 407 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico info@erguete.org ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño, rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º Piso) CP 36780 A Guarda.
Visualiza ou descarga a guía en www.erguete.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario