22 de out. de 2021

A GUARDA

Contacontos, flashmob e batucada serán os ingredientes do Samaín 2021 na Guarda  

• A programación, pensada para os mais pequenos, precisará de inscrición previa no correo electrónico centrocultural@aguarda.es  




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda deseñou unha programación que encherá mañá e tarde do sábado 30 de outubro e que foi pensada para divertir aos mais pequenos da casa que son os que cada ano con mais ansia esperan esta data e tamén para animar as rúas da vila na tardiña, da man dun  flashmob  (baile conxunto na Praza do Reló) e unha batucada que percorrerá as rúas da vila como broche final.  

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL  

 As propostas relacionadas co Samaín comezarán o venres 29 de outubro na Biblioteca Pública Municipal que se suma á celebración do Samaín a través de dúas iniciativas.  

- A proposta “Facemos un trato?”, que obsequiará cun pequeno detalle a tódolos nenos que se acheguen durante o venres día 29 e o sábado día 30, ata a Biblioteca e leven un libro en préstamo. A cambio iso si, de deixar unha pequena mensaxe na decoración de Samaín que enmarcará o espazo durante estes días.  


Carmen Domech contará “Contos para pasalo de medo”

- E na mañá do sábado 30 de outubro, ás 12h., o Salón de Actos do Centro Cultural, acollerá o contacontos  “Contos para pasalo de medo”. Un espectáculo de Carmen Domech (Títeres Cachirulo) pensado para rapazas e rapaces de 4 a 11 anos. As prazas para este evento son limitadas polo que é preciso anotarse a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es  

FLASHMOB E BATUCADA 30 DE OUTUBRO


   

 A tarde do 30 de outubro seguirá a programación de Samaín pensada para encher as rúas de cor e música. Ás 18:00 h. terá lugar na Praza do Reló un flashmob, aberto a toda aquela persoa que se queira animar (previa inscrición) a facer una coreografía conxunta ambientada na temática terrorífica propia destes días. Esta actividade consistirá en practicar conxuntamente unha coreografía da man dunhas monitoras e tras un período de ensaio, facer entre todos os alí presentes un baile final. É preciso anotarse a través do enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es, asinar autorización no caso de menores e por suposto acudir disfrazado para a ocasión. Ao remate desta actuación, dará comezo unha batucada que percorrerá as rúas do centro da vila para ir entrando no ambiente do Samaín. 

 O flashmob será retransmitido en directo a través da canle de YouTube municipal

Ningún comentario:

Publicar un comentario