14 de out. de 2021

A GUARDA

Comezaron as obras de reforma e adecuación das dependencias da Policía Local 

Durante a execución das obras a Policía Local prestará atención á cidadanía no primeiro andar do edificio do concello vello.  


O alcalde Antonio Lomba e a tenente alcalde Mª Montserrat Magallanes, visitaron as obras que están realizándose nas dependencias da Policía Local de A Guarda

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno municipal do Concello de A Guarda vén de facer público que "fai uns días iniciáronse os traballos para a reforma e adecuación á norma das dependencias da Policía Local, a través dunha axuda por importe de 39.813,19€ da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.  

 Con esta reforma preténdese modernizar, ampliar e adecuar ás necesidades actuais as dependencias policiais, mellorando a zona de atención ao público e ampliando o espazo para oficinas. Tamen se habilitará un espazo para sala de reunións e dotaranse duns novos vestiarios.  

 En total preténdese ampliar as infraestruturas existentes ata os 183m2, con dúas oficinas, vestiarios diferenciados para homes e mulleres, almacén e sala de xuntas, empregando parte das vellas instalacións de Servizos Sociais.  

 Para o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, esta é unha actuación moi importante, posto que vén a mellorar as condicións de traballo dos membros da Policía Local, nunhas instalacións que precisaban unha urxente rehabilitación e adaptación aos tempos que corren, o que permitirá prestar un mellor servizo a toda a cidadanía guardesa. Este proxecto está na liña de modernización das dependencias municipais que se vén producindo dende que se construiu o novo concello na Casa dos Alonso. 

 O orzamento desta licitación é de 47.00,94 € sen IVE (o orzamento con IVE é de 56.875.98 €). O prazo de execución das obras é de 45 días hábiles".

Ningún comentario:

Publicar un comentario