22 de set. de 2021

O ROSAL

A Agrupación Musical de Vincios porá ritmo a noite do sábado do Rosal   

O concerto comezará ás 21.00 horas na Praza do Calvario e a entrada e gratuíta  


Agrupación Musical de Vincios
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 A Agrupación Musical de Vincios porá o ritmo a noite rosalesa deste sábado. O banda ofrecerá un concerto ás 21.00 horas na Praza do Calvario onde compartirá coa veciñanza todo o seu gran repertorio musical. A entrada é de balde ata completar o aforo e o concelleiro de Cultura, Carlos Villanueva Domínguez,  anima aos veciños e veciñas a asistir para “desfrutar da música na rúa en pleno centro do Rosal”.   

 A Agrupación Musical de Vincios naceu no no ano 1979, cando Julio Costas Davila e Guillermo Costas Valverde, crean a primeira escola de música da parroquia de Vincios. Ese proxecto faise realidade no ano 1982 coa fundación da Asociación Agrupación Musical de Vincios, na que está integrada a banda de música e da que foi o seu primeiro presidente Néstor González Vilaboa. Na actualidade a Agrupación está composta por máis de 150 persoas, que se reparten nas tres bandas de música (dúas delas formadas por alumnos da escola) e un coro.  

 Esta actuación forma parte do programa O país das bandas, promovido pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares, co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística no país. Ao seu abeiro estanse a celebrar preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións que rematarán a finais a deste mes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario