A CIG convoca 20 concentracións en cidades e vilas, o 19 de setembro, para dicir NON á estafa da luz
Propón 8 medidas a adoptar de forma inmediata para garantir o acceso á electricidade como ben básico
Infogauda / Compostela
A CIG ten convocadas para o vindeiro domingo, día 19 de setembro, un total de 20 concentracións en cidades e vilas de toda Galiza baixo o lema “NON Á ESTAFA DA LUZ, Recuperación das Centrais Hidroeléctricas, Tarifa Eléctrica Galega”.
A central sindical fai un chamamento a participar nestas mobilizacións diante do imparable medre da factura da luz e a impunidade coa que actúan as eléctricas pero, sobre todo, e tal e como denuncia o secretario xeral, Paulo Carril, diante do “nulo papel que tanto o goberno galego como o español están a facer para garantir, con políticas públicas, o acceso á electricidade do conxunto do pobo en condicións asequibles”.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, asistirá á concentración convocada en Compostela e fará declaracións ás 11:20 horas, para que a concentración comece, tal e como está prevista, ás 11:30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario