13 de set. de 2021

DEPORTES

ATLETISMO

JULIA VAQUERO SOUSA, SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE MEDIO MARATÓN

· Na categoría Máster -50

Julia Vaquero Sousa volveu a brillar en Oruña de Piélagos (Cantabria)

Informa: Sociedade Atlética do Trega

 Esta pasada fin de semana a atleta guardesa Julia Vaquero Sousa, do club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, brillou con luz propia en  Oruña de  Piélagos (Cantabria), ao proclamarse subcampioa de España Máster –50, de medio maratón.  

 O evento celebrouse paralelamente o Campionato de España absoluto e máster de todas as categorías. 

 Ás 18:00 h da tarde, deuse a saída cronometrada por protocolo covid, saíndo os participantes de cada vez. Onde nosa atleta guardesa, despois de duros meses de adaptación, adestramentos, etc., retornou de novo a súa actividade deportiva con moita vontade, constancia e sacrificio, rexurdindo no mundo do Atletismo con esta importante medalla de prata, que logrou cun rexistro de 1 hora 34’ 44", entrando en meta en 2ª posición feminina e dese xeito  facéndose co subcampionato de España da categoría Máster -50. 


De esq. a der.: Julia Vaquero Sousa, Monica Arias Vázquez e Martha Elizabeth Chiluisa Chusin, coas súas respectivas medallas

 Desexámoslle a Julia, que siga traballando con esa alegría no seu reto persoal, que é lograr acabar o maratón de Valencia, que se disputará o 5 de decembro, pero antes quédalle participar o 25 de setembro en Don Benito (Badaxoz), no Campionato de España Máster 10km.  

 Moitas felicidades a Julia e a seu adestrador, por recuperar das cinzas a esta lenda viva do Atletismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario