14 de set. de 2021

CULTURA

Presentación do libro Camiñando, Camiñando…

Este mércores día 15 de setembro ás 19.00 horas  no auditorio Carlos V do Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela)  

Coa participación de Armando Requeixo, crítico literario; Xosé Luna, autor do poemario; Olaya Naveira, ilustradora, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística 


Portada do libro Camiñando, Camiñando, de Xosé Luna Sanmartín

Teresa Rocamonde / Santiago de Compostela

 O escritor estradense Xosé Luna Sanmartín vai presentar este mércores o seu último libro, Camiñando, Camiñando (Editorial Bolanda, 2021) no Hotel Monumento San Francisco, de Santiago de Compostela. No acto, que terá lugar ás 19.00 horas, o autor estará acompañado do crítico literario Armando Requeixo, da ilustradora do poemario, Olaya Naveira, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O acto concluirá cun recital músico poético a cargo de Rosalía Morlán, Charo Gomar e Manoele de Felisa.

 

Unhas das páxinas interiores do poemario ilustrado por Olaya Naveira
 

 Edicións Bolanda presenta unha obra en gran formato na que destacan as magníficas ilustracións de Olaya Naveira, repletas de cor, alegría e sensibilidade en clara sintonía cos versos de Xosé Luna, que convidan a contemplar, como ben explica Armando Requeixo, “os verdes prados e os reiseñores, a lúa e as marés, os días azuis e o sol da infancia”. A obra é tamén un canto á terra natal do autor, A Estrada, 'protagonista' paralela do poemario. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario