15 de set. de 2021

A GUARDA

Taller Fanzine dirixido á mocidade  




Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que proximamente impartirase un taller gratuíto para a mocidade, entre 16 e 30 anos, para a elaboración, publicación e divulgación dun fanzine. De xeito inmediato comezaremos esta actividade que se impartirá os martes en horario de tarde -de 16:00 a 20:00 h.- (en total serán 24 horas) no local da Asociación Érguete Baixo Miño. As prazas son limitadas respectando o aforo e as medidas sanitarias actuais.  

 Nesta actividade compartiremos libremente ideas, pensamentos e sentimentos co resto do mundo. Trátase dunha ferramenta de empoderamento persoal que fortalece a autoestima e o coñecemento persoal. O obxectivo é fomentar a expresión, a creatividade e a innovación, así como promover hábitos saudables e de prevención de condutas de risco.  

 O formato fanzine é unha publicación artística que permite difundir ideas cunha total liberdade de expresión.  

 Esta actividade atópase dentro do Programa de Iniciativa Xove e está financiado pola Consellería de Política Social -Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- da Xunta de Galicia.  

 Para máis información e inscricións, invitamos a achegarse ás instalacións de Érguete na rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda, tamén a través do correo electrónico info@erguete.org ou ben nos teléfonos 986 614 417 / 640 086 376.

Ningún comentario:

Publicar un comentario