13 de set. de 2021

A GUARDA

Música nos Xardíns

Abertas as inscricións para o concerto deste sábado con The Charráns + Zalomon Grass 

O sábado 18,  ás 21:00h, nos exteriores do Centro Cultural da vila, terá lugar o último concerto de Música nos Xardíns, con The Charráns e Zalomon Grass. 

É preciso inscribirse previamente, aforo limitado e protocolo Covid-19.  




Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado día 18 de setembro ás 21:00h os exteriores do Centro Cultural da vila acollerán o último concerto de Música nos Xardíns 2021, coas actuacións dos grupos The Charráns e Zalomon Grass. 

 The Charráns (tamén coñecidos como Los Charranes) é un grupo local de A Guarda nado no ano 2014 e formado entre compoñentes dos grupos Frakaso Skolar e Asegún como resposta a unha sociedade insociable. No ano 2016 editaron o seu primeiro disco “Punk furtivo” da man de Baixo Miño Estudios e despois de ducias de concertos no ano 2020 gravan o seu novo LP en Grabaciones Ilegales con Charlie Thenstill e que foi publicado na internet por falta de fondos para a súa edición. 

 Zalomon Grass e o seu desbordante blues cósmico vén a sacarnos da apatía e o entumecemento destes tempos estraños. Se te gustan os tríos de poder dos vellos tempos, esta é a túa banda.  

 Estes concertos están apadriñados polo Rock Guardés e o Galifornia Beat.  

 Reserva de entradas na seguinte ligazón:  https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda  

Ningún comentario:

Publicar un comentario