7 de set. de 2021

A GÁNDARA (A GUARDA)

ACTOS NA HONRA DA VIRXE DAS MERCEDES

O día grande será o domingo día 26 de setembro de 2021




Infogauda / A Gándara

 A Asociación de Veciños O Percamino fixo público o programa de actos na honra da Virxe das Mercedes, que coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda, terán lugar no barrio de A Gándara, o domingo día 26 de setembro.

 Desde ás 9:00 horas, pasacalles coa treboada O Trebón dos Xidos.

 A partir das 18:00 horas, actuación do teatro musical "Na Fonte", de Coiro Vello, e a continuación actuación do grupo folk Na Revolta.

 Debido ao protocolo covid-19, haberá aforo limitado, e será necesario efectuar a inscrición previa, no teléfono e WhatsApp 647 607 456.

ACTOS RELIXIOSOS

 No que respecta aos actos relixiosos, comezarán o día 17 de setembro, ás 18:30 horas, co rezo do santo rosario, a continuación a novena e a misa.

 O venres día 24 - festividade de Nosa Sra. das Mercedes -, santo rosario, novena e misa polos devotos falecidos. 

 E o domingo día 26, ás 12:30 horas, misa solemne, con sermón, cantada polo Coro Cantábile, na honra da Virxe das Mercedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario