20 de ago. de 2021

VIGO

As seccións sindicais de CCOO, CIG e CUT do Concello de Vigo, denuncian o peche do parque de bombeiros de Coruxo 

 Dende as seccións sindicais de CCOO, CIG e CUT do Concello de Vigo por este medio queremos  denunciar publicamente que novamente desde ás 22 horas do dia 19 de agosto até ás 22  horas do 20 de agosto está pechado por falta de efectivos dun dos parques da cidade mais concretamente o novo Parque provisional de Coruxo apenas aberto hai unhas semanas. Estas alarmantes circunstancias produciron-se tamén o pasado 15 de agosto ás 22 horas até o  dia 16 ás 22 horas. 

 Como vimos denunciando desde xa hai anos, existe por parte de esta corporación municipal  unha clara incapacidade e vontade para poder resolver un problema que en todo caso non se  trata de unha continxencia puntual se non de sistémico colapso do servizo mantido de unha  forma crónica desde os últimos 15 anos. 

 O desleixo e absoluta falta de dilixencia a hora de abordar este problema por parte de este  Alcaldía e as diferentes departamentos e cargos involucrados neste asunto, ficou evidenciado  nos dous anos do decreto de reforzos, durante este tempo dedicaron-se simplemente a ver  para outro lado, dando por boa unha “apenas aparente” solución provisional, que alén diso  conculcaba diferentes aspectos dos dereitos dos traballadores como asi foi ratificado polos  tribunais. 

 Hoxe con o peche de este Parque estamos non apenas a ver un lamentábel ataque contra o  pasado, presente e futuro do Servizo de Bombeiros na cidade de Vigo, se non aínda de unha  forma mais ampla contra o sector publico en xeral, un sector publico do cal este alcalde  presume defender... 

 Com o peche de este parque esta-se a vulnerar lexislación especifica en materia de seguranza,  modificando totalmente os tempos de resposta en caso de sinistro, a zona sur da Cidade  depende durante con este peche apenas do parque de Teis, e deste xeito non poderá ser  garantido un tempo de resposta adecuado para chegar a unha intervención com mínimas garantías para unha positiva resolución. 

 Non menos importante é a realidade de que se o parque de Coruxo foi pechado é porque non  existe bombeiros para que este poda operar con normalidade, pois bem o Parque de Teis  tamén está agora sem as dotacións completas como para abordar servizos importantes,  independentemente dos maiores tempos de resposta. 

 Xa para finalizar é preciso dicir que durante os últimos 3 anos esta corporación Municipal com  o Alcalde a Cabeza, e os seus respectivos Concelleiras-os -e responsábeis de área e xefatura,  non quixeron escoitar as propostas que os sindicatos que aquí subscriben puxeron enriba da  mesa para a resolución de este conflito, sendo innumerables as, dilatacións, cancelacións,  adiantamentos, falta de respostas a propostas concretas, etc, etc.  

 É obvio que nunha corporación Municipal con maioría absoluta desde xa hai anos, non  poderán dicir que a solución non estivo nas súas mans, é por eles que agora estamos nesta  critica episodio en materia de seguranza publica no concello de Vigo, xa que eles son os  máximos responsábeis. 

 Solicitamos e reiteramos que o Concello entre en razón é escoite as propostas dos Sindicatos  aquí asinantes, ou que simplemente as persoas que desempeñan cargos “competentes” na  administración Municipal nesta materia dem paso a persoas capaces e com vontade para  resolveren problemas reais da cidadanía , como é neste caso a situación critica do Servizo de  Bombeiros do Concello de Vigo.





(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario