26 de ago. de 2021

TOMIÑO

A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES ESTARÁ EN TOMIÑO O DÍA 28 DE SETEMBRO 

Estará situada na Rocha, na explanada fronte a Policía Local


Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño 

 O Concello de Tomiño vén de comunicar que a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Tomiño durante o día 28 de setembro.  

 O lugar do seu emprazamento será en A Rocha nº 8, na explanada fronte á Policía Local.  

 O horario para as inspeccións será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00.  

 Poderase reservar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario