1 de ago. de 2021

GOIÁN

REAPERTURA CONSULTORIO MÉDICO EN GOIÁN XA!!! 

A veciñanza saiu a rúa reinvindicando mais médicos, mais administrativos e a reapertura  do consultorio médico de Goián



As imaxes reflicten á participación da veciñanza de Goián na concentración organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública  de Tomiño
Fotos: P lataforma en Defensa da Sanidade  pública de Tomiño


Plataforma en Defensa da Sanidade  pública de Tomiño

 Éxito de participantes na primeira concentración organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública  de Tomiño, que se celebrou  o sábado 31 de xullo as 12 do mediodía en Goián, reinvindicando mais médicos, mais administrativos e a reapertura  do consultorio médico de Goián xa!!. 

 A resposta foi impresionante,  mais de trescentas persoas déronse cita para reclamar aos  Sergas  os dereitos dunha sanidade digna. Un acto sinxelo que foi presentado por Violeta de Santiago pertencente a Plataforma, agradecendo a asistencia a concentración. Falou tamén Finucha Troncoso, goianesa. Foi unha das primeiras en recoller sinaturas en Goián xunto con outras persoas, para reivindicar a apertura do devandito consultorio. Tamén  como apoio a esta causa e a Plataforma, contamos con Jesús Araujo Nores, médico especialista en otorrinolaringoloxía, ex-director de centro do Chuvi, e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e da Plataforma SOS Sanidade Pública. 

 Pechouse o acto anunciando que se abre un tempo para recollida de sinaturas, e anunciose a próxima concentración o vindeiro sábado 7 de agosto as 12:00 horas, na praza do Seixo en Tomiño. 

 Lembrouse tamén que dende a Plataforma irase informando de todos os pasos que se van dando: recollida de sinaturas, actos, reunións co Sergas etc.etc.  

ÁNIMO, FORZA E SAÚDE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario