30 de ago. de 2021

DEPORTES

PIRAGÜISMO

TRES TEIXUGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA “JÓVENES PROMESAS” DE SLÁLOM


Participantes da Federación Galega de Piragúismo

Informa: Rosa Fernández Carrera

 Esta fin de semana celebrouse en Sabero, León,  o Campionato de España “Jóvenes Promesas” de Slálom, no que só participan deportistas das categorías cadete e infantil. No sábado tiveron lugar as clasificatorias, dúas mangas, das que se colle a que teña mellor tempo. O domingo foron as finais, os dez primeiros deportistas de cada categoría pasaron a disputar a final A, e os restantes a final B, pois a función principal de esta Liga e potenciar e promocionar o slálom entre os máis novos.  

 O Club Deportivo Miño-Teixugos, acudiu con tan so tres deportistas, os tres de categoría cadete masculino.  


 Adrián Lluch participou en C1 e K1


 Adrián Lluch participou en C1 e K1. En C1 na primeira clasificatoria rematou décimo sétimo e na segunda décimo sexto, pasando, por tanto, á final B onde foi sétimo. En K1, categoría moito máis numerosa, rematou vixésimo quinto nas dúas mangas, e na final B, remontou uns postos e acabou décimo terceiro.  


Un mmento da participación de Mateo Rivas en K1

 Mateo Rivas participou en K1, na primeira manga ocupou o vixésimo lugar e na segunda o décimo noveno. Na final B do domingo foi décimo.  


Un momento da participación de Antón  Fernández en K1

 Antón  Fernández, tamén en K1, nas mangas clasificatorias rematou trixésimo terceiro e trixésimo oitavo. Na final B rematou décimo quinto.  

 Tamén se celebrou o campionato por federacións autonómicas de patrullas. Os Teixugos fixeron unha única patrulla en K1 cadete. Mateo, Adrián e Antón remataron en décimo lugar.  

 Un bo papel o feito polos deportistas do Deportivo Miño, pois aínda son cadetes de primeiro ano, e un ano no slálom supón moita diferenza.

  

Podio das federacións

 Resaltar que na clasificación final por equipos a federación galega ocupou o terceiro lugar, por detrás das federacións vasca e catalá. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario