18 de ago. de 2021

DEPORTES

O Concello de A Guarda recibe a Paula Arcos e a José Ignacio Prades, despois da súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020

A xogadora e o adestrador do Mecalia Atlético Guardés foron recibidos polo alcalde e a concelleira de Deportes  


De esq. á der.: Antonio Lomba, alcalde do Concello de A Guarda; Paula Arcos e José Ignacio Prades, xogadora e adestrador do Mecalia Atlético Guardés, respectivamente, e Mª Montserrat Magallanes, concelleira de Cultura 

Fotos. C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Na mañá deste mércores día 18 de agosto de 2021 o Concello de A Guarda realizou unha recepción oficial a Paula Arcos e a José Ignacio Prades despois da súa participación nos pasados Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.  

 Tal e como manifestou Antonio Lomba, "para a vila da Guarda é todo un orgullo e satisfacción contar con figuras tan representativas no eido deportivo que levan o nome da Guarda polo mundo adiante."  

 Mª Montserrat Magallanes quixo "agradecer o enorme esforzo que supón traballar nun equipo de élite como é o Atlético Guardés e o ter participado nuns xogos olímpicos, un feito que, sen dúbida, quedará marcado nas súas vidas."


O adestrador José Ignacio Prades, estampando súa sinatura nunha camiseta oficial da selección española de balonmán feminino



 Para rematar esta recepción o alcalde e a concelleira de Deportes fixeron entrega dun ramo de flores e dunha placa representativa da vila, realizada pola Asociación Avelaíña. Pola súa banda, dende o Mecalia Atlético Guardés fixeron entrega ao Concello de A Guarda dunha camiseta oficial da selección española, que tamén aproveitaron para firmar e deixar unha dedicatoria: “Para el Concello de A Guarda en agradecimiento por todo su apoyo en los JJOO Tokyo 2020+1”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario