VELA
O "Nahela", gañador da regata Rias Baixas - Mar de Maeloc, na clase Open 2
Informa: Héctor Carrero*
Despois de sumar tres primeiros postos, un terceiro posto e, finalmente, un segundo posto na regata do sábado día 15 deste mes, a tripulación do "Nahela" subiu ao mais alto do podio na Regata Rías Baixas-Mar de Maeloc na clase Open 2. Tanto o patrón, Víctor Álvarez, como o resto da tripulación, son membros do Club Deportivo Alagua.
Na clase ORC 3-4 o "Eibol" de Jorge Carneiro, tamén con tripulación íntegra do mesmo club conseguiu un meritorio sétimo posto.
Desde o Club Deportivo Alagua queremos felicitar a estes deportistas que nos representaron nunha das regatas máis significativas de Galicia.
* Membro do Club Deportivo Alagua



Ningún comentario:
Publicar un comentario