16 de ago. de 2021

DEPORTES

PIRAGÜISMO

DÚAS MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA CUARTA COMPETICIÓN DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  


En K1 benxamín muller, as irmás Leila e Nerea Álvarez, remataron primeira e segunda respectivamente, conseguindo, por tanto, as medallas de ouro e prata

Informa: Rosa Fernández Carrera

 Este domingo celebrouse en Dumbría a cuarta competición da liga galega de promoción de slálom. Os máis pequenos dos clubs galegos déronse cita nas augas do Xallas. A pesares do gran auxe que vive o slálom galego nas categorías superiores, a promoción non pasa polo seu mellor momento, en Dumbría tan so cincuenta e sete dorsais tomaron a saída.  

 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con oito deportistas que loitaron, gozaron e se superaron a si mesmos.  

 En K1 muller prebenxamín, Itzel del Río foi cuarta.  

 En K1 benxamín muller, as irmás Leila e Nerea Álvarez, remataron primeira e segunda respectivamente, conseguindo, por tanto, as medallas de ouro e prata.  

 En K1 prebenxamín home, Tiago Rey acadou o quinto lugar.  

 En K1 benxamín home, Lois Montenegro foi quinto, Alejandro Barreiro sexto e Leo Álvarez sétimo.  

 En K1 home infantil, Pedro Lomba rematou en sexta posición.  

 Na clasificación final por clubs, o Deportivo Miño Teixugos foi quinto con tan só quince puntos, ao estar    

Ningún comentario:

Publicar un comentario