13 de ago. de 2021

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Francisco Carrero Carrero, o avó de Camposancos, celebrou o seu 105 aniversario 

O alcalde de A Guarda e o concelleiro de Turismo achegáronse ata a súa vivenda para felicítalo e charlar con el.  


Francisco Carrero Carrero, acompañado da súa familia, recibiu no seu fogar, a visita do alcalde de A Guarda e do concelleiro de Turismo
Fotox: C.A.G.


Infogauda / Camposancos

 Na compaña da súa prezada familia, Francisco Carrero Carrero, veciño de Camposancos (A Guarda),  celebra hoxe día 13 de agosto de 2021 unha xornada moi especial: o seu 105º aniversario. 

 Sendo un dos veciños máis lonxevos da vila, Francisco Carrero Carrero, mantense con moi boa saúde. Con toda probabilidade, unha das claves sexa súa bonhomía, seu talante aberto e sempre positivo, e seus paseos pola ribeira do río Miño, “a media mañá e polas tardes”, aínda que faga sol, choiva ou vento.  


Francisco - no centro da imaxe - co alcalde de A Guarda e o concelleiro de Turismo

 Nesta celebración, ademais de estar rodeado da súa familia, tamén recibiu unha homenaxe do concello de mans do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e o concelleiro de Turismo, Rafael Álvarez Martínez, que quixeron acudir a darlle os parabéns e un pequeno agasallo a este veciño por acadar os 105 anos de idade.  

 Nos intres de distendida conversa que mantivo co alcalde e co concelleiro, o centenario Francisco Carrero mostrouse moi animado e contento por ter acadado súa persoal fazaña vital e con ganas de continuar sumando máis anos no seu haber. E coa saúde, a forza de vontade e o ánimo que amosa, non cabe dúbida que a este veciño de A Guarda aínda lle quedan historias por vivir e contar. 

 Ad multos annos. Por moitos anos, Francisco. Un verdadeiro tesouro vivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario