13 de ago. de 2021

A GUARDA

 Alerta por seca: risco de cortes de subministro  

 


Concello de A Guarda

 O Concello da Guarda atópase actualmente nunha situación alarmante de seca que, en caso de seguir agravándose, podería ter como consecuencia cortes no subministro. Por iso, queremos apelar de novo á cidadanía a facer un uso responsable dos recursos hídricos, esforzándonos por adoptar hábitos que permitan evitar o corte da auga e a optimización do uso da mesma.  

 Cada un/unha de nós cos nosos hábitos podemos paliar a seca:  

No lavabo: cando se lave as mans, os dentes ou se estea a afeitar non esqueza pechar a billa cando non o estea a usar. 

Na ducha: dúchese en vez de bañarse e aproveite para encher recipientes mentres espera a que saia a auga quente. 

No wc: o inodoro non é unha papeleira, evite tirar da cadea sen necesidade e opte por cisternas de dobre carga priorizando usar a de menor capacidade. 

Na cociña: se frega a man evite ter a billa aberta se non o está a usar. Empregue o lavalouza e a lavadora cando estean cheos. 

Coa comida: aproveita a auga de cocción ou de lavar alimentos para regar as plantas e pensa na pegada hídrica á hora de mercar os teus alimentos. 

Na horta: intenta empregar a mangueira só o imprescindible e, se fose posible, instala rego por goteo e rega ao amencer ou atardecer para evitar evaporacións 

Coa piscina: tapa a piscina fora de tempada de baño e instala un sistema de limpeza físico-químico para evitar o seu baleirado e posterior enchido.  

 Cada un de nós podemos facer moito para ter a calidade e cantidade de auga que precisamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario