3 de ago. de 2021

A GUARDA

Volve Música nos Xardíns

· A primeira cita será este venres día 6 de agosto, ás 21:00 horas, nos Xardins do Centro Cultural cun dobre concerto de Bruce Grinn e The Mirror.


The Mirror
Bruce Grinn

Infogauda / A Guarda

 Volve Música nos Xardíns. Desde este venres día 6 de agosto comezará a edición 2021, con cuxa programación o Concello de A Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna, que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos.

 En total serán tres os concertos que se desenvolverán entre agosto e setembro e polos que pasarán músicos e bandas xa coñecidas polo público guardés como Bruce Grinn ou The Charráns, acompañadas por bandas da contorna como The Mirror ou Zalomon Grass.  

 Esta programación parte dunha colaboración con aquelas asociacións e colectivos que ata o 2019 viñan organizando festivais de música na nosa vila, como o Rock Guardés ou o Galifornia Beat, que por mor da pandemia e as restricións e limitacións impostas para facer fronte ás actividades culturais non poden realizar os seus festivais este ano. 



 

 A primeira cita de Música nos Xardíns será este venres día 6 de agosto ás 21:00h., nos Xardins do Centro Cultural cun dobre concerto de Bruce Grinn e The Mirror. Como ven sendo habitual o evento conta con protocolo COVID-19, sendo precisa a inscrición previa a través da ligazón: https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda, e debendo seguir o concerto sentado, con mascarilla e coa distancia de seguridade preceptiva.  

BRUCE GRINN

 Bruce Grinn, é un músico independente, formado en Inglaterra onde se formou como músico tocando en bandas locais, e estableceuse en 2011 na nosa vila onde formou o grupo The Loopholes, moi ben acollido pola prensa musical galega. No 2017 decideu embarcarse en solitario nun novo proxecto musical mais ambicioso, chegando o seu  debut discográfico - “Fustian Fumes” - en 2018. Con 8 temas de rock-alternativo e un son endurecido en relación aos seus traballos anteriores, o disco conta coa colaboración de varios músicos entre os que destaca Tania González Braga (The Mirror) nas voces, quen aporta solidez e calidez vocal.  

 En directo, Bruce, acompañado tan solo dunha guitarra acústica e algo de percusión, ofrecerános o seu lado mais íntimo entre a canción de autor propia do indie-folk e o  rock noventero.  

THE MIRROR

 O grupo The Mirror, será o encargado de pechar o eventpo, co seu repertorio de temas propios con influencias do rock, funk e o soul. Este grupo, formado no 2018 unificando as diferentes traxectorias dos seus compoñentes, xa estiveron no Mercado da Música celebrado nos xardíns do Centro Cultural, así como en diferentes festivais da provincia (Solpor no Mosteiro, Oia, ou Sons do Casco, Baiona). 

 Proximamente anunciaranse as bandas que participarán no vindeiro concerto programado de Música nos Xardíns do 18 de setembro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario