2 de ago. de 2021

A GUARDA

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará a vila 

• O venres día 6 e o sábado día 7 de agosto estará instalada fronte o Centro Cultural


Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (fronte ao Centro Cultural)
Foto: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 Persoal e unha das unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia visitarán novamente a vila. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (fronte ao Centro Cultural) o venres día 6 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado día 7 de agosto, de 10:00h ás 15:00h. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadás, o solidario xesto de doar sangue.

 Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. E se está a tomar algún medicamento aportar informe ao médico. 

 É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:

Publicar un comentario