19 de xul. de 2021

TUI

O GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE TUI REXEITA A NOVA REDUCIÓN DE  SERVIZOS NA ESTACIÓN DE TREN DE GUILLAREI 

Grupo Municipal do BNG no Concello de Tui

 A reorganización das liñas posta en marcha por Renfe estes días, supón un novo  recorte de servizos para a estación de Guillarei.  

 Así, suprímese a liña directa que conectaba Vigo e Ponferrada, que facía escala nesta  estación tudense. Agora este desplazamento suporá dúas horas e media máis de  viaxe porque haberá que facer trasbordo en Ourense.  

 Ademais o Alvia Vigo-Madrid reduce tempo de desplazamento pero deixa tamén de  facer escala en Guillarei.  

 Trátase dun tema recurrente. Xa no ano 2017 suprimiuse o servizo de información,  atención ao público e a venda directa de billetes na estación de Guillarei.  

 Este é agora un paso máis que entendemos que conduce ao peche desta estación.  Cantos menos servizos, menos pasaxeiros, e cantos menos pasaxeiros, menos  servizos. É un círculo vicioso que conduce ao abandono desta estación.  Vemos cono se priorizan as largas distancias pero se desatenden o servizos de  cercanías e medias distancias, desantendendo as zonas rurais, esquecendo o papel  que ten o transporte ferroviario como servizo público, vertebrador do territorio e como  medio de mobilidade sustentable 

 Isto é consecuencia de entender as políticas de mobilidade en clave de rentabilidade  económica e non en clave de rentabilidade social e medioambiental. 

 Chama a atención ademais que fronte a estratexia do goberno portugués, que no seu  programa nacional de investimentos para o ano 2030 incluía unha aposta forte coa  conexión ferroviaria coa Galiza, aquí non se fai nada por potenciar a estación  fronteiriza de Guillarei, dando pasos en sentido contrario, que conducen ao abandono  e desmantelamento. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario